Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable para o concello da Fonsagrada: O patrimonio natural e cultural como base para o desenvolvemento endóxeno
Contenido principal del artículo
Resumen
O concello lugués da Fonsagrada alberga un rico patrimonio etnográfico e natural que apenas se está a poñer en valor actualmente, nin con iniciativas públicas nin privadas para o desenvolvemento socioeconómico dunha zona rural que precisa con urxencia de propostas de revitalización económica e sociocultural que fixen a poboación no territorio, impidan ou minoricen o paulatino esmorecemento deste, e melloren o benestar social da cidadanía. As respostas que ante este panorama ofrecerían iniciativas de carácter educativo-ambiental, así como lúdicas e turísticas tendedes á revalorización dos recursos endóxenos que atesoura o concello, case non se teñen producido polo momento: trátase dunha considerable perda de oportunidades para a dinamización económica e fortalecemento sociocultural desta área territorial, situación que o deseño dun proxecto de dinamización sustentable centrado neste concello toma como punto de inicio para contribuír á transformación desta inxusta realidade.