2021

Oceáno, Lusofonia e Educación Ambiental: caminos de esperanza para unha transformación socioecolóxica na CPLP

A Rede Lusófona de Educación Ambiental (Redeluso) foi fundada no ano 2005, en Portugal, durante as xornadas da Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA). En 2006 algúns dos seus membros reuníronse pola primeira vez de forma presencial en Joinville (Brasil), durante o V Congresso Iberoamericano de Educación Ambiental. Neste evento, decidimos realizar congresos periódicos, que tiveron a seguinte cronoloxia:


2007 – Santiago de Compostela, Galiza
2013 – Cuiabá, MT, Brasil
2015 – Torreira, Murtosa, Portugal
2017 – Ilha do Príncipe, São Tomé e Príncipe
2019 - Arquipélago de Bijagos, Guiné-Bissau
2021 - Ilha San Vicente, Cabo Verde


O programa do VI Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Paises e Comunidades de Lingua Portuguesa da continuidade á metodoloxia dos congresos anteriores, contribuíndo para a formulación de políticas públicas que axuden ao fortalecemento da educación ambiental nos países Lusófonos e Galiza.


Este espazo ten como obxectivos específicos:


• Fortalecer procesos conxuntos de investigación, formación e información, no campo da Educación Ambiental, contribuindo para o debate sobre o futuro do planeta. Isto representa un convite aos participantes para articular as súas identidades perante os desafios da Educación Ambiental nos países Lusófonos e Galiza;
• Mellorar a produción científica en portugués, valorizando as iniciativas de revistas periódicas e outros meios de divulgación sobre Educación Ambiental;
• Promover a comunicação científica sobre a Educación Ambiental por medio da comunicación educativa, como os materiais pedagóxicos e os diversos sistemas dixitais, como blogs, sites, redes escolares e listas de discusión;
• Construir un proceso de aprendizaxes permanente que favoreza a identidade lusófona na estrutura filosófica de Educación Ambiental.


A estrutura do congreso foi ideada en base ás suxestións e contributos resultantes do proceso participativo na REDELUSO. A continuación preséntanse algunhas das aportacións achegadas neste último congreso.

2020

A Educación Ambiental para o sistema educativo

A educación Ambiental sempre estivo máis ou menos ligada aos sitema educativos formais dos distintos países; ás veces, recoñecida nas Leis Educativas, ás veces como práctica crítica e comprometida por parte do profesorado. O ano 2020 ten sido o ano do Covid-19, unha pandemia global que mudou o cotián e golpeou de forma máis violenta as persoas e países con menos recursos; esta pandemia fixo que o alumnado tivera que recluirse nos seus fogares e perder deste xeito o contacto coas súas compañeiras e compañeiros, coa comunidade educativa, mais tamén co seu medio inmediato.
Do colapso á esperanza, das perspectivas simplistas á complexidade, do voluntarismo á regulación social e institucional, dos problemas ás solucións, das aulas ao medio inmediato... A educación ambiental volve ser unha estratexia de formación e acción educativa de cara a sociedades comprometidas, críticas, solidarias e xustas.
Para rematar, recollemos o manifesto presentado no día da Terra, o 22 de abril de 2020, unha chamada de atención planetaria no escenario marcado polo Covid-19.

Pasado, presente e futuro da Educación Ambiental

En plena pandemia sae á luz este novo número e quisemos ter unha mirada desde a Educación Ambiental á situación actual de crise ecolóxica e sanitaria; esta vez a mirada ven desde o Brasil. Mais non renunciamos a ter unha mirada máis poliédrica e desde certa distancia, polo que queremos pechar o ano adicando un monográfico ao Covid-19 desde a perspectiva da Educación Ambiental e da lusofonía.


Pasado, presente e futuro da Educación Ambiental recolle varias porpostas metodolóxicas para saber de donde vimos e propoñer cara a donde vamos. O segundo artigo é unha historia da Educación Ambiental na Catalunya vista desde dentro, vinculada á xestión, primeiro de Espacios Naturais Protexidos e na última década, desde unha perspectiva máis global, complexa e interrelacionada e, sen perder a mirada estatal e internacional: unha interesante porposta de recollida para ir sumando as historias locais e confeccionar esa historia común. Para o presente e de cara o futuro recollemos dúas aportacións que entenden a Educación Ambiental como un instrumento político para o cambio da sociedade actual, de cara a perspectivas ecosociais: un artigo desde Brasil que é unha guía metodolóxica para favorecer os cambios e un artigo desde un movemento de ciberactivismo español que mostra as inmensas posibilidades que ofrece a web 2.0 para actuar de forma coordinada.


Para rematar, a revista recolle experiencias que mostran que outro mundo é posible, a través da divulgación e a participación social, a través do coñecemento e do compromiso, a través da implicación local para a transformación global.

2019

Crise ecolóxica e migracións: leituras e respostas da Educación Ambiental

No ano 2007, celébrase o 1º Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países de Língua Portuguesa e Galiza, en Santiago de Compostela. Aproximadamente 250 participantes, dos oito países de língua portuguesa e Galiza, analizaron o estado da arte da educación ambiental en cada realidade e revelaron o interese de coordinar e sumar esforzos por un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible. Desde entón, esta cita repítese con asiduidade: o 2º Congreso foi no Brasil (2013), o 3º en Portugal (2015), o 4º en São Tomé e Príncipe (2017) e o 5º Guiné Bissau (2019). Este número doble da revista recolle algunhas das aportacións deste V Congreso, que congregou ás persoas participantes arredor do tema “Crise ecolóxica e migracións: leturas e respostas da Educación Ambiental”.
Presentamos as comunicacións do eixo 2 –a Educación Ambiental nos equipamentos, conservación e xestión ambiental–, así como a Declaración de Bubaque e as Recomendacións que desde o V Congreso se elevan ás reunións ministeriais da CPLP.
AmbientalMENTE sustentable nace como espazo de difusión do pensamento e das propostas educativo-ambientais do mundo lusófono e galego nas nosas propias linguas. Visibilizar e divulgar as aportacións destes congresos é unha das súas razóns de ser. Unha vez máis agradecemos á organización ternos en conta para a divulgación dos avances na materia e dos acordos subscritos.

2018

Educación Ambiental dende unha mirada ecosocial

O movemento educativo que relaciona aspectos socias e ambientais para colaborar na formación dunha cidadanía global, ecolóxicamente responsable e socialmente xusta, ven denominándose como Educación Ambiental.
Os novos escenarios internacionais borran do discurso hexemónico a Educación Ambiental como referencia, e buscan e crean alternativas as veces de dudoso avance. O discurso da sostenibilidade tan débil como maleable non lograr destronar ao xa maduro movemento educativo.
A Educación Ambiental existe porque hai colectivos que resisten. Grupos de mestras e mestres nas escolas, profesorado e alumnado nas universidades, políticos e políticas nas administracións locais e nacionais, organizacións sociais nos municipios, organizacións internacionais nos debates... e moitas persoas no día a día que demostran a necesidadee dunha educación comprometida coas persoas e co ambiente, lonxe de modelos desenvolvistas que minan as posibilidades dun desenvolvemento humano xusto e equitativo.
Neste número de ambientalMENTE sustentable ofrecemos reflexións, retos e propostas para impulsar políticas públicas de Educación Ambiental, prácticas comprometidas e transformacións desde o local cunha perspectiva global. O Planete Terra merece, as persoas tamén.

Investigación en, sobre, para e coa Educación Ambiental

O movemento educativo que relaciona aspectos socias e ambientais para colaborar na formación dunha cidadanía global, ecolóxicamente responsable e socialmente xusta, ven denominándose como Educación Ambiental.
Os novos escenarios internacionais borran do discurso hexemónico a Educación Ambiental como referencia, e buscan e crean alternativas as veces de dudoso avance. O discurso da sostenibilidade tan débil como maleable non lograr destronar ao xa maduro movemento educativo.
A Educación Ambiental existe porque hai colectivos que resisten. Grupos de mestras e mestres nas escolas, profesorado e alumnado nas universidades, responsables políticos e políticas nas administracións locais e nacionais, organizacións sociais nos municipios, organizacións internacionais nos debates... e moitas persoas no día a día que demostran a necesidade dunha educación comprometida coas persoas e co ambiente, lonxe de modelos desenvolvistas que minan as posibilidades dun desenvolvemento humano xusto e equitativo.
Neste número de ambientalMENTE sustentable ofrecemos reflexións, retos e propostas para impulsar políticas públicas de Educación Ambiental, prácticas comprometidas e transformacións desde o local cunha perspectiva global. O Planeta Terra merece, as persoas tamén.

2017

A Educación Ambiental como resposta as súas fraxilidades e como contribución para vivir nos seus límites. A Terra é unha illa

A rede de educación ambiental Lusófona (Redeluso) foi fundada en 2005, en Portugal, durante a Conferencia da Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA). En 2006, algúns dos seus membros reuníronse por primeira vez en persoa en Joinville, Brasil, durante o V Congreso Iberoamericano de Educación Ambiental. Neste evento decidimos celebrar conferencias periódicas, que teñen esta cronoloxía:
2007 - Santiago de Compostela, Galicia
2013 - Cuiabá, MT, Brasil
2015 - Torreira, Murtosa, Portugal
2017 - Illa do Príncipe, São Tomé e Príncipe
En todos os eventos, fixemos esforzos para contar coa presenza de participantes dos oito países de fala portuguesa: Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, São Tomé e Príncipe e Timor Oriental. Ademais, intentamos garantir lugares de fala portuguesa, como Galicia ou Hong Kong.
O próximo evento está previsto que teña lugar en Guinea Bissau en 2019. A nosa esperanza é reunir persoas cunha identidade lingüística similar, capaces de sentir, pensar e facer educación ambiental nos nosos propios idiomas, formas, hábitos e cultura. Recoñecemos que a identidade non está fixada, está cambiando a medida que a nosa cultura se fai máis dinámica e non se limita a regras gramaticais ou ortográficas, senón a un mosaico de redes e fíos no tecido de novas organizacións e reordenacións etnográficas.
Tal é a proposta da revista AmbientalMente Sustentable (AMS), que ten a Araceli Serantes-Pazos e Carlos Vales-Vázquez como redactores xefes de gran talento para crear e manter a revista. Ao engadir moitas experiencias e converterse nun referente mundial no campo da educación ambiental, AMS abriu as súas portas para recibir os rexistros de coñecemento producidos durante o IV Congreso Internacional de Educación Ambiental de países e comunidades de lingua portuguesa, que tivo lugar. en 2017, na Illa do Príncipe, en São Tomé e Príncipe. Así, este número especial ten o Comité ad hoc de Consultores da Universidade Federal de Mato Grosso.

2016

Educación Ambiental e o reto do compromiso social

O reto actúal da educación ambiental é promover a implicación real da cidadanía co futuro do Planeta. Un compromiso que pasa polo cambio do modelo de desenvolvemento de moitas e moitos cidadás. É preciso velar pola conservación de espacios, de especies e de culturas que están sendo agredidas, provocando seu deterioro e incluso a súa desaparición. Compromiso que debe xurdir do local para convertirse nunha práctica global, nunha educación ambiental glocal.
Os artigos de este número comparten un posicionamento ético dialóxico, baseado na particiapación e na corresponsabilidade en diferentes escenarios: nos Espazos Naturais Protexidos, nas Universidades, nas empresas... Unha vez máis, a presentación de experiencias e a análise de casos proporcionan propostas metodolóxicas de traballo, novas rutas e moitas posibilidades de parcerías, para seguir traballando xuntas e xuntos.
Neste novo número de ambientalMENTE sustentable mudamos algúns aspectos da maquetación da revista máis a filosofía da revista segue a ser a mesma. Gracias (obrigados) polo seu interese e colaboración.

Educación Ambiental e o reto do compromiso social

O reto actual da educación ambiental é a implicación real da cidadanía co futuro do planeta. Un compromiso que pasa polo cambio do modelo de vida de moitas e moitos cidadás. Mais tamén é preciso velar pola conservación de espacios, de especies e de culturas que están sendo agredidas, provocando seu deterioro e desaparición. Compromiso que debe xurdir do local para convertirse nunha práctica global.
Os artigos deste número comparten a ética da particiapación e da corresponsabilidade en diferentes ámbitos: nos espazos naturais protexidos, nas universidades, nas empresas... Unha vez máis, a presentación de experiencias e a análise de casos proporcionan metodoloxías de traballo, rutas e posibilidades de parcerías para seguir traballando xuntas e xuntos. Neste novo número de ambientalMENTE sustentable mudamos algúns aspectos da maquetación da revista máis a filosofía da revista segue a ser a mesma. Gracias (obrigados) polo seu interese e colaboración.

2015

Educación Ambiental e participación social. Travesías e encontros para os bens comúns

ambientalMENTE sustentable é unha revista científica que xurde no ano 2007 co motivo do 1º Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia; este número ten un carácter especial por doble motivo: porque celebramos os 10 anos da revista e porque recolle  as comunicacións presentadas no 3º Congresso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos.
Por tratarse dun número especial, a estrutura de revista tamén muda, pasando a ter oito apartados temáticos que responden aos oito eixos temáticos do Congreso. O tema que congrega a educadoras e educadores, persoal investigador, persoal de xestión e do ámbito políticos é a participación social na procura do ben común.
A continuación preséntanse moitas das 239 comunicacións que foron presentadas e debatidas en Torreia-Murtosa (Portugal) no mes de xullo do 2015. A maior parte do artigos son de corte investigador, contribuíndo a fornecer a disciplina cun ollar propio; tamén son numerosos os artigos de reflexión sobre experiencias desenvolvidas e promovidas por diferentes axentes (ONG, asociacións, organizacións públicas e outros organismos), dos que merecen un especial destaque aqueles desenvolvidos no ámbito escolar.
Agradecemos á organización do Congreso a oportunidade de ser o medio de divulgación das reflexións, investigacións e experiencias que se están a desenvolver no contexto actual da lusofonía.

Educación Ambiental estratéxica

A educación ambiental non está presente nas axendas políticas de moitos dos países; neste momento, no que os problemas ambientais parecen non ter límites e a súa gravedade resulta asustadora, moitas administracións públicas e entidades privadas desvían a súa atención, inhibiéndose da súa responsabilidade cara á sociedade.
Este número da revista recolle unha serie de propostas de acción en distintos escenarios: desde a participación política, á formación do profesorado nas Universidades ou dos axentes ou guías-intérpretes no marco da Unión Europea, até en espacios tan concretos como son os Centros de Interpretación Ambiental.
Presentamos ademáis a proposta de texto da Axenda 2030 proposta desde Nacións Unidas,
Transformando Nosso Mundo: A Agenda 2030 para o Desenvolvimento Sustentável, na que
se quere marcar un Plan de Acción a través dos obxectivos globais. Esta Axenda contén 17
Obxectivos de Desenvolvimento Sustentável e 169 metas a cadar até o ano 2030.
Unha vez máis, ambientalMENTE sustentable desexa ser ese espacio de reflexión e intercambio coa intención de promover un Planeta máis equitativo e comprometido coa vida.

2014

A educación ambiental, un instrumento para a divulgación e conservación do patrimonio

Un dos retos ambientais da sociedade actual é a conservación do noso Patrimonio, entendindo na súa acepción máis ampla: patrimonio natural e cultural, material e inmaterial, tanxible e intanxible. Os modelos de desenvolvemento da maior parte dos países poñen en risco moitas das veces ese Patrimonio común, base das distintas culturas e de moitos dos ecosistemas dos que depende a vida no Planeta Terra.


A Educación Ambiental como disciplina ten tamén como reto abordar desde a educación e a comunicación o problema da conservación do Patrimonio. Neste caso os instrumentos cos que conta son de tipo didáctico e comunicativo, baseados na participación e no compromiso, máis tamén na reflexión crítica e na acción directa.


Neste número da revista ambientalMENTE sustentable recóllense aportacións de distintas autoras e autores, centradas en temas diversos, que van da análise da comunicación sobre o cambio climático, até a comunicación de patrimonio tanxible e intanxible desde os Museos até as crenzas dos grupos sociais e como estas determinan as súas prácticas en contextos concretos, neste caso na Amazonía. ë interesante comprobar os puntos de encontro e sinarxias entre a “nova museoloxía” e a educación ambiental, na súa visión de empoderar á cidadanía na conservación dos valores patrimoniais.


Este número recolle traballos cun marcado carácter práctico, baseado na investigación sobre casos reais, cuxas aportacións, debates e conclusións, consideramos, son un bo punto de partida para seguir avanzando, tanto na disciplina como no reto da conservación do noso Patrimonio.

Da formación á profesionalización na educación ambiental

A Educación Ambiental é un ámbito profesional que en moitos países iberoamericanos e lusófonos está sen regular, polo que en moitos deles comezaron a despuntar movementos  de cara á profesionalización do sector. A formación a xogado un papel fundamental, por unha banda, porque facilitou a adquisición de coñecementos e técnicas, e por outras banda porque otorgou titulacións e credenciais a un importante número de profeionais que agora reivindican normalizar a súa situación.


Neste número algúns autores realizan aportacións arredor da formación dos profesionais en distintos contextos e realidades, e outros mostran espazos de especialización e acción da Educación Ambiental.



Por outra banda, adiántase un artigo sobre un estudo de como está a afectar a crise económica no sector da Educación Ambiental. Un análise e reflexión tan oportuno como necesario.



Desde o Consello de Dirección entendemos que este número non pecha nin aborda o tema na súa totalidade, polo que o entendemos como un convite para seguir profundizando e avanzado nestas cuestións.

2013

Da teoría á práctica na educación ambiental

Que é primeiro, a teoría ou a práctica? Esta pregunta resume un debate eterno sobre as concepcións da ciencia, os métodos, a adquisición de coñecementos e os modelos de aprendizaxe. As teorías persiguen descubrir aqueles rasgos capaces de explicar como se aprende e predecir os efectos das prácticas. As prácticas, moitas veces rutinarias, están determinadas pola tradición, a autoridade e as teorías maioritarias, mais esta práctica irre­flexiva chega a constituirse como a fonte de coñecemento profesional.

2012

Un ollar estratéxico sobre a práctica e a investigación en educación ambiental


A educación ambiental, como disciplina e como ámbito de intervención educativa, precisa revisar a súa práctica e fomentar a investigación para seguir avanzando.
No presente número da revista recóllense algunhas aportacións neste sentido, de cara a manter certas prácticas que desde o ámbito académico e científico desde a avaliación e a investigación considéranse valiosas e oportunas, e de presentar outras máis anovadoras que
permiten seguir abrindo novas vías de cara a enfrontarnos aos problemas ambientais desde a educación e a comunicación.


2011
2010

Traballo en rede desde a educación ambiental


Este duplo número da revista é un monográfico sobre o traballo en rede desde a educación ambiental. Nel se recollen aportacións teóricas sobre o sentido profundo da sustentabilidade ambiental, traxectorias de traballo e boas prácticas nas que se evidencia a interconexión entre investigación e acción, ou o traballo en rede de iniciativas como a Conferencia Internacional Infantoxuvenil en Brasilia ou o Proxecto Fenix, a través do cal os galegos e galegas poideron participar na avaliación da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Por último, presentanse experiencias en rede en tres continentes, con distintas metodoloxías, temáticas, obxectivos e actores: experiencias desde México, desde Cabo Verde e San Tomé e Príncipe, e desde o estado español.


2009

Novas visións da educación ambiental, novas propostas


Este número recolle novas miradas e reflexións sobre o ámbito da educación ambiental cun sesgo máis histórico e de recapitulación sobre o moito xa feito. O número 8 da revista presenta interesantes achegas que reelaboran a historia desta disciplina xa non tan nova: desde a análise contemporánea se fai unha lectura do que ten acontecido para vislumbrar os posibles camiños de cara a acción.


Estratexias de comunicación e educación ambiental frente ao cambio climático


O presente número é un monográfico que recolle moitas das aportacións realizadas dende o Seminario "Comunicación, Educación e Participación fronte ao Cambio Climático" que, con periodicidade anual, vense celebrando coordinado polo CENEAM e co auspicio do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino a través do Organismo Autónomo Parques Nacionais.


Nel se recompilan estudos que se están a facer sobre a perspectiva social e a ameaza que supón o cambio climático, poñendo especial fincapé nos problemas da comunicación. Tamén preséntanse algunhas formas innovadoras e exitosas de comunicación e de participación, xunto a unha serie de traballos de investigación e experiencias que poden servir como marco de reflexión e acción.


2008

Usos socioeducativos dos parques periurbanos, xardíns botánicos e outras áreas forestais

Este novo número é un monográfico sobre os usos de muitos dos espazos forestais que teñen un necesario uso social, científico e educativo: os parques periurbanos, xardíns botánicos e áreas forestais. Estes lugares están a funcionar, non só como pulmóns verdes e para o lecer, si non tamén como lugares para construir ciencia e cidadanía democrática, espazos vivos para a divulgación científica, a investigación e a sensibilización. A maior parte dos artigos corresponden ás ponencias presentadas no Seminario Internacional "Usos sociais e parques forestais, xardíns botánicos e outras áreas forestais", organizado polo CEIDA durante o mes de abril de 2008.

A educación ambiental no sistema educativo formal

A educación ambiental nace fortemente vinculada aos sistemas educativos das distintas nacións; os procesos de institucionalización, dinamizados a nivel internacional fundamentalmente pola UNESCO, o fixeron así posible. Mais cada Estado asumiu de forma diferenciada o seu compromiso educativo repecto ás relacións que deben manter as persoas co medio ambiente.


Neste quinto número, a revista AmbientalMente Sustentable presenta reflexións teóricas, experiencias de investigación e de participación, así como estratexias de acción e recursos para seguir traballando dede o ámbito da educación formal.

2007

Instrumentos sociais e conservación de especies


A Comisión Española de Educación e Comunicación da UICN, en colaboración co CEIDA, realizou en setembro de 2007 un seminario sobre os instrumentos sociais na conservación de especies. Neste número da revista, de carácter monográfico, preséntanse estudos de caso e accións para mellorar, a través dos distintos intrumentos sociais (comunicación, educación, participación e sensibilización), a conservación da fauna.


Cuestións de fondo na educación ambiental


Ante a problemática ambiental, os modelos inxustos de desenvolvemento e as prácticas insostibles de xestión do medio, a educación ambiental preséntase como un necesario instrumento de intervención social, que axuda a definir novos actores e de "resignificar" o mundo. Unha vez máis, este novo número pretende divulgar os esforzos de investigación, análise e reflexións que se están a facer no ámbito educativo, tendo como escenario o mundo lusófono e Galicia, máis coa necesaria perspectiva de recibir aportacións desde outras realidades.


2006

Un ollar estratéxico á educación ambiental

AmbientalMENTEsustentable xurde como resposta a unha necesidade sentida, son moitas as personas que dende os países latioamericanos ou desde os países lusófonos están a facer investigacións e reflexións de carácter científico no ámbito da educación ambiental, máis que non atopan un espazo de comunicación científica na súa lingua.


Este primeiro volume recolle moitas das aportacións elaboradas polas persoas que participaron como poñentes no Seminario Internacional de Perfeccionamento da Educación Ambiental, celebrado no CEIDA en novembro de 2006.