A experiencia educativa do Xardín Botánico de Córdoba
Contido principal do artigo
Vol. 02 Núm. 06 (2008), Traxectorias e retos, Páxinas 39-56
Recibido: xuño 30, 2015
Resumo
Os xardíns botánicos de hoxe en día desenvolven funcións que van máis alá das relacionadas co estudo e a conservación da diversidade vexetal. A educación ambiental con verteuse nun dos principais puntos de preocupación para os xardíns botánicos e moitos destes aspiran a promover a idea de desenvolvemento sustentable nos seus visitantes. Porén, é posible que algúns dos programas educativos desenvolvidos nos xardíns botánicos presenten carencias respecto aos verdadeiros obxectivos da educación ambiental. Cuestións como a participación e o compromiso teñen que ser tidas en conta á hora de deseñarmos os programas educativos, para o cal son fundamentais aspectos como a avaliación e a investigación educativa.
Palabras clave:
Xardín botánico, biodiversidade, educación ambiental, deseño de programas educativos
Descargas
Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.