O Parque de Collserola, unha ferramenta de xestión e educación ambiental
Contido principal do artigo
Vol. 02 Núm. 06 (2008), Recursos e instrumentos sociais, Páxinas 117-135
Recibido: xuño 30, 2015
Resumo
Vinte anos despois da aprobación do Plano Especial de Ordenación e Protección da Serra de Collserola, continúan vixentes os obxectivos establecidos referentes ao mantemento da estabilidade dos sistemas naturais, a preservación da diversidade biolóxica e paisaxística, a conservación do patrimonio cultural e a posibilidade de ofrecer novas oportunidades para o ocio e a aprendizaxe. Neste contexto, concebir a educación ambiental como parte integrante da planificación e da xestión do Parque, resultou ser unha estratexia fundamental para establecer canles de complicidade cos usuarios na preservación dun espazo protexido enclavado na zona cunha maior densidade de poboación de toda a conca mediterránea.
Palabras clave:
Educación ambiental, diversidade biolóxica, voluntariado, sistemas naturais, xestión ambiental, conectividade, participación cidadá, sensibilización
Descargas
Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.