Prácticas Educativas: Un Estudo sobre Educación Ambiental nos Parques Urbanos e Xardín Botánico de Salvador, Bahia- Brasil
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2015.02.020.1613Palabras clave:
prácticas educativas, parques urbanos, xardín botánico, educación ambientalResumo
Este estudo presenta unha análise interpretativa das prácticas educativas desenvolvidas polos parques urbanos e xardín botánico da cidade de Salvador – Bahia- Brasil. A investigación está centrada nas experiencias dos profesionais que desenvolven actividades de educación ambiental neses espazos de aprendizaxe. O traballo resalta unha multiplicidade de dimensións ao facer unha descrición pormenorizada das situacións e vivencias dos actores educativos e dos participantes das comunidades que están implicados no proceso da educación ambiental en distintos espazos educativos do municipio. A pescuda cuestiona: as prácticas educativas desenvolvidas nos parques urbanos e no xardín botánico de Salvador contribúen para o proceso da educación ambiental no municipio? O obxectivo xeral do traballo busca identificar a contribución das prácticas educativas desenvolvidas nos parques urbanos e no Xardín Botánico de Salvador. A #metodoloxía aplicada é de carácter qualitativo perpassando por enfoques interpretativos de cunho etnográfico a través da descrición ou reconstrución analítica das formas costumeiras de vivir e desenvolver prácticas educativas neses espazos de aprendizaxe. Os resultados apuntan categorías de análise que convergem para a emerxencia de novas políticas públicas, conservación dos parques urbanos, xardín botánico e cualificación profesional. As conclusións indican un camiñar longo a ser percorrido polos actores educativos deses espazos estudados, visto que, varios desafíos son afrontados. Desa forma, varios elementos puntuais emerxeron para a análise das prácticas observadas, cales sexan: formación de valores, coidado, conscientização comunitaria, inclusión social e erradicación do traballo infantil.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
Citas
BRASIL. Ministério do Meio Ambiente. Conselho Nacional do Meio Ambiente - CONAMA, 2005. Resolução CONAMA nº 339 Diário Oficial [da] República Federativa do Brasil, Brasília, DF
CDB-CONVENÇÃO, DA DIVERSIDADE BIOLÓGICA. (2005). Homepage oficial.
FRANCO, Maria Laura Puglisi Barbosa. (2008). Análise de conteúdo. Líber Livro,
GEERTZ, Clifford. (1989). La interpretación de las culturas. Barcelona: Gedisa,
LIMA, Siomara Barbosa Stroppa. (2007). A Influência Norte-Americana Nos Sistemas de Áreas Verdes Do Urbanista Francisco Prestes Maia. Paisagens em Debate. Revista eletrônica da área Paisagem e Ambiente, São Paulo: FAU-USP, n. 05
MACEDO, Silvio Soares; SAKATA, Francine Gramacho. (2003). Parques urbanos no Brasil. In: Colecao Quapa. Edusp,.
RODRÍGUEZ G.; GIL, J.; GARCIA, E. (2005). Metodología de la investigación cualitativa; Malaga: Aljibe,
SANTOS, L. S.; OLIVEIRA, M. Z. A.; QUEIROZ, E. P.; TEIXEIRA, L. J. (2013). The Botanical Garden of Salvador and its plant diversity. In: 5th Global Botanic Gardens Congress, Dunedin, NZ. Proceedings of the Fifth Global Botanic Gardens Congress, 2013.
Descargas
Publicada
Número
Sección
Licenza
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
