Xestión de especies no Parque das Illas Atlánticas de Galicia. Instrumentos sociais na conservación
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.886Palabras clave:
Parque Nacional, Illas Atlánticas de Galicia, conservación, uso público, educación ambientalResumen
A conservación dos hábitats e especies do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que constitúe o principal obxectivo da súa declaración, así como da doutros espazos naturais, debe ir ligada á concienciación ambiental dos visitantes e dos habitantes do ámbito, para crearmos deste modo na sociedade unha conciencia favorable á conservación e ao respecto da natureza.
Despois de realizar unha introdución do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e dos valores naturais que motivaron a súa declaración, e de explicar brevemente os principais proxectos de xestión e conservación que se realizan no parque, o presente artigo intenta argumentar por que é importante ter en conta os aspectos sociais e educativos na conservación dos espazos e as especies, usando como exemplo e explicando as distintas actuacións que se realizan nas illas atlánticas de Galicia en relación coa información ao visitante, a divulgación ambiental, a educación ambiental e mais a participación dos cidadáns na xestión e a conservación.
Descargas
Descargas
Número
Sección
Licencia
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
