A percepción social do cambio climático na Comunidade Valenciana
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.850Palabras clave:
Cambio climático, percepción social, educación ambientalResumen
A Estratexia Calenciana ante o Cambio Climático (EVCC) é o instrumento de acción pública da Generalitat Valenciana para definir e coordinar as accións de mitigación e adaptación a este fenómeno. A EVCC avanza un conxunto de 125 disposicións estruturadas en 8 áreas de actuación, entres as cales establece un conxunto de medidas de información, comunicación, formación e cooperación cidadá, instrumentos clave para lle transmitir á sociedade a complexidade, relevancia e urxencia deste problema e concienciala da necesidade de que individuos e grupos adopten comportamentos e estilos de vida que reduzan significativamente as emisións de gases de efecto invernadoiro. Non cabe dúbida de que para enfocar esta tarefa con rigor e eficacia é preciso caracterizar, antes de máis, a cultura común –a representación social– que sobre o cambio climático está a conformarse na sociedade valenciana. Son, con efecto, os coñecementos, as percepcións, as teorías implícitas, as valoracións e os hábitos socialmente interiorizados os elementos sobre os que haberá que traballar para lograr os cambios desexados na xestión dos vectores humanos que interveñen no desaxuste do clima. Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente, Auga e Urbanismo da Generalitat Valenciana, en colaboración co Departamento de Socioloxía e Antropoloxía Social da Universidade de Valencia, realizou unha investigación sobre a percepción social do cambio climático na sociedade valenciana. É o seu obxectivo: aproximarse ao grao de coñecemento, ás concepcións, representacións sociais, actitudes, valoracións e hábitos socialmente interiorizados a respecto deste problema. Este artigo constitúe unha síntese parcial desta investigación.
Descargas
Descargas
Número
Sección
Licencia
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
