Os efectos rebote e outros efectos secundarios dos programas para mitigar o cambio climático: unha mirada desde a educación e a comunicación
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.852Palabras clave:
Cambio climático, efecto rebote, mitigación, comunicación, educación ambientalResumen
A adopción de fórmulas orientadas a reducir o consumo de enerxía ou as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) abre novas oportunidades para os comportamentos emisores ou engade novos atractivos aos xa posibles. Estes efectos secundarios recortan os aforros potenciais que poderían obterse con estas iniciativas. O presente artigo describe brevemente algúns destes efectos rebote e analiza as súas causas e protagonistas, así como os principais tipos de resposta no comportamento que os xeran. A seguir pásase a identificar algúns retos que os efectos rebote formulan nos campos da comunicación e a educación ambiental. En último termo, os efectos rebote evidencian a necesidade de recuperar unha perspectiva humana do reto da mitigación, e revelan, así mesmo, que sen unha cultura da autolimitación os esforzos para paliarmos o cambio climático dificilmente serán eficaces.
Descargas
Descargas
Número
Sección
Licencia
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
