Investigación, educación e transferencia: unha alianza para a conservación das aves de praia migratorias e os seus hábitats no Estuario do Río Gallegos (Patagonia Austral, Arxentina)
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2010.01.09-010.825Palabras clave:
aves praieiras migratorias, conservación, transferencia, esteiro do río Gallegos, Patagonia AustralResumen
As aves praieiras migratorias son moi sensibles aos cambios de hábitat por mor da súa dependencia a un limitado número de sitios durante as súas longas migracións, onde se concentran en grandes cantidades nun momento dado. Requiren, da quela, de estratexias de manexo do hábitat caso da protección das áreas críticas e, especialmente, dunha concienciación por parte das comunidades e dos dirixentes políticos en particular. Neste contexto preséntanse as estratexias e as accións de conservación emprendidas durante os últimos dez anos no esteiro do río Gallegos, ambiente dun gran valor para estas especies, mais que está a sufrir fortemente o impacto da acelerada urbanización da costa. A meta perseguida foi modificar a tendencia no uso da costa e mellorar a relación do ser humano co seu contorno. Traballouse mediante unha articulación coas administracións gobernamentais, os sectores educativos, particulares e ONG locais e internacionais. Entre os resultados cómpre salientar a creación de dúas áreas protexidas (provincial e urbana), a promulgación da Lei provincial de conservación das zonas húmidas e das aves praieiras, o recoñecemento como sitio de importancia internacional pola Rede Hemisférica de Reservas para Aves Praieiras e, finalmente, a declaración como un sitio AICA/IBA.
Descargas
Descargas
Número
Sección
Licencia
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
