Horizontes educativos na traxectoria do Desenvolvemento Humano
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2009.02.08.838Palabras clave:
Desenvolvemento Humano, PNUD, Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, Década da Educación para o Desenvolvemento SustentableResumo
Os Relatorios do Desenvolvemento Humano, publicados polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento dende a década dos noventa, conteñen un conxunto de importantes referentes pedagóxicos para validar a necesidade dunha Educación Social e Ambiental de marcado carácter ético, cívico e político. Con tal hipótese, a lectura do concepto Desenvolvemento Humano, institucionalizado no seno da Organización das Nacións Unidas, suxire que a educación ha de servir para ampliar as opcións das persoas e dos grupos sociais, brindándolle a cadaquén a oportunidade de levar unha vida que teña motivos para valorar, de modo que os poboadores do planeta poidan exercer a liberdade de ser quen son para participar de todos beneficios do seu desenvolvemento. En todo caso, remitindo estas perspectivas ao proxecto dunha educación que está chamada a ser eminentemente crítica cos actuais modelos de riqueza, crecemento, progreso, benestar social, calidade de vida etc., tanto como coa xeración das alternativas que os veñan a substituír.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
Descargas
Número
Sección
Licenza
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
