Fontenatura: un proxecto de dinamización sustentable para o concello da Fonsagrada: O patrimonio natural e cultural como base para o desenvolvemento endóxeno
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2012.01.013-014.802Palabras clave:
Desen volvemento rural, dinamización sustentable, patrimonio (natural e cultural), educación ambiental, proxecto de intervención, desenvolvemento endóxenoResumo
O concello lugués da Fonsagrada alberga un rico patrimonio etnográfico e natural que apenas se está a poñer en valor actualmente, nin con iniciativas públicas nin privadas para o desenvolvemento socioeconómico dunha zona rural que precisa con urxencia de propostas de revitalización económica e sociocultural que fixen a poboación no territorio, impidan ou minoricen o paulatino esmorecemento deste, e melloren o benestar social da cidadanía. As respostas que ante este panorama ofrecerían iniciativas de carácter educativo-ambiental, así como lúdicas e turísticas tendedes á revalorización dos recursos endóxenos que atesoura o concello, case non se teñen producido polo momento: trátase dunha considerable perda de oportunidades para a dinamización económica e fortalecemento sociocultural desta área territorial, situación que o deseño dun proxecto de dinamización sustentable centrado neste concello toma como punto de inicio para contribuír á transformación desta inxusta realidade.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
Descargas
Número
Sección
Licenza
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
