A profesionalización nos equipamentos de educación ambiental en España vista desde dentro
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2013.01.015-016.780Palabras clave:
educación ambiental, equipamentos de educación ambiental, profesionalización, estudoResumo
A profesionalización é un dos temas que máis debates e reflexións despertou na última década no territorio español. O Libro Blanco da Educación Ambiental en España recomenda impulsar o recoñecemento profesional das e dos educadores ambientais. Desde os Seminarios Permanentes do CENEAM fixéronse distintas revisións e propostas, sempre desde a perspectiva temática do seminario. No de Equipamentos de Educación Ambiental acordouse realizar un estudo de ámbito estatal, no que se recollera o parecer tanto dos pro fesionais que estaban a traballar nos equipamentos, como dos responsables das distintas administracións. Neste artigo preséntanse os obxectivos, a metodoloxía e as conclusións de dito estudo.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
Descargas
Número
Sección
Licenza
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
