Un centro de documentación ambiental ao servizo da educación ambiental e da conservación do medio ambiente
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2007.01.03.901Palavras-chave:
Documentación ambiental, información ambiental, CEIDA, centros de documentaciónResumo
O Centro de Documentación Domingo Quiroga é un centro especializado en medio ambiente que tomou nos seus inicios o modelo de xestión documental utilizado polo CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental). Os temas nos que está especializado son a Educación Ambiental, o Desenvolvemento Sostible e a Conservación. A evolución do centro pasou duas varias etapas: na primeiros o traballo foi orientado á clasificación e catalogación dos fondos; na etapa actual, a parte de desenvolverse as tarefas documentais habituais, ofrécense servizos como a elaboración de boletín electrónicos coas novas adquisicións chegadas ao centro, o que permite un mellor achegamento da información aos usuarios. Ademais o Centro forma parte do RECIDA (Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental) que reúne a pro fesionais da documentación ambiental da maioría das comunidades do estado.
Downloads
Downloads
Edição
Secção
Licença
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
