Desafíos educativos da conservación da biodiversidade
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.879Palavras-chave:
biodiversidade, educación ambiental, educación para a conservaciónResumo
O proceso de empobrecemento da biodiversidade da Terra é, xuntamente co Cámbio Climático, a maior ameaza ambiental que enfrenta a humanidade na actualidade, e vai condicionar gravemente as suas expectivas de benestar futuro. Neste artigo sinálase por qué a biodiversidade é importante, por que se degrada, as potenciais consecuencias desa degradación, así como as dificultades que plantexa tanto sensibilizar á opinión pública sobre a gravidade do problema como comprometela a poñer freo a este proceso e cambiar a tendencia. Apóntanse algunhas posibilidades e liñas de traballo para que a educación ambiental, en canto instrumento social, poida constribuir neste ámbito. Xurdida para facer fronte á crise ambiental, a educación ambiental atopouse desde os seus inicios con desafíos que sobardan as súas posibilidades reais como ferramenta para o cámbio. Porén, conta con instrumentos, recursos e experiencia para facer aportacións relevantes no camiño de tentar cambiar as tendencias ecocidas.
Downloads
Downloads
Edição
Secção
Licença
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
