Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste Ibérico

Autores

  • Irene Pérez Ibarra Universidade Miguel Hernández
  • Andrés Giménez Casalduero Universidade Miguel Hernández
  • Andrés Pedreño Cánovas Universidade de Murcia

DOI:

https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.881

Palavras-chave:

conservación de especies, educación ambiental, intervención social, investigación social e percepción fauna

Resumo

No presente manuscrito investígase a dimensión social da conservación de especies a través do estudo do fenómeno da catividade da tartaruga moura (Testudo graeca) no sueste ibérico. Para iso utilizaron técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social, en concreto, en quisas a poboación autóctona e a novos residentes do turismo internacional e entrevistas en profundidade a colectivos que manteñen tartarugas cativas e a aqueles implicados na conservación e xestión da especie. Estas técnicas permitiron cuantificar a situación actual e as tendencias a coleccionar e posuír tartarugas en catividade, permitiron determinar as motivacións destas prácticas e as diferentes representacións sociais que se manteñen cara á especie, así como coñecer os posicionamentos existentes cara á conservación da especie. A partir destes resultados danse recomendacións de xestión e intervención social para a conservación da tartaruga moura no sueste ibérico e a xestión da poboación cativa de tartaruga moura.

Downloads

Os dados de download ainda não estão disponíveis.

Edição

Secção

Marco teórico

Como Citar

Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste Ibérico. (2015). AmbientalMENTEsustentable, 2(04), 35-49. https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.881