“Soy pescador y por eso protejo el mar” Campaña de formación e sensibilización para propiciar a colaboración de pescadores profesionais e deportivos do litoral andaluz na conservación das tartarugas mariñas

Autores/as

  • Juan Jesús Martín Jaime Aula del Mar de Málaga (España)

DOI:

https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.887

Palabras clave:

Sector pesquero, Conservación de tortugas marinas, Encuentros formativos

Resumo

Entre os instrumentos sociais de intervención para xestionar con efectividade a atención a tartarugas mariñas feridas debido á súa captura accidental e optimizar a súa recuperación, é fundamental propiciar a colaboración e implicación do sector pesqueiro profesional e deportivo na conservación das tartarugas mariñas, practicando unha pesca sostible, e actuando en caso de enxergar exemplares feridos ou enfermos, ou de capturas accidentais de tartarugas mariñas. Para iso, a Aula do Mar de Málaga, en colaboración coa Consellaría de Medio Ambiente da Junta de Andalucía, puxo en marcha a campaña “Son pescador y por eso protejo el mar”. Na citada actuación celebráronse reunións de traballo e encontros formativos cos pescadores nos portos pesqueiros da costa andaluza, apoiadas con material divulgativo e formativo. É importante ter en conta a opinión dos pescadores sobre a problemática de conservación das tartarugas mariñas e do ámbito costeiro, pois moitas veces ignórase o valor da súa experiencia e a súa interacción habitual coas tartarugas mariñas. Así mesmo, para lograr unha colaboración efectiva dos pescadores co Centro de Recuperación de Especies Mariñas Ameazadas de Andalucía, é fundamental manter un continuo contacto persoal e un recoñecemento ás súas colaboracións, alén de lles facilitar esta tarefa ofrecéndolles formación e equipamento axeitado.

##plugins.themes.default.displayStats.downloads##

##plugins.themes.default.displayStats.noStats##

Descargas

Número

Sección

Recursos e instrumentos sociais

Cómo citar

“Soy pescador y por eso protejo el mar” Campaña de formación e sensibilización para propiciar a colaboración de pescadores profesionais e deportivos do litoral andaluz na conservación das tartarugas mariñas. (2015). AmbientalMENTEsustentable, 2(04), 91-97. https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.887