Instrumentos sociais na pesqueira de atún vermello
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.888Palabras clave:
Atún vermello, cimarrón, recuperación-atún, instrumento socialResumen
A pesqueira de atún vermello Thunnus thynnus, intensificouse nos últimos anos, especialmente no Mar Mediterráneo, por mor dos altos prezos que alcanza a súa carne no mercado xaponés. Hai tempo que os científicos da Comisión Internacional para a Conservación do Atún do Atlántico (ICCAT) veñen alertando do risco de colapso desta pesqueira debido á sobrepesca. Nos últimos anos, unha nova práctica industrial sumouse aos graves problemas de conservación deste stock: a cría e engorde de atún en gaiolas, que provocou un aumento das capturas para o seu engorde e posta no mercado ao longo de todo o ano.
A negociación do Plano de Recuperación levou consigo un proceso de consultas intenso con todos os sectores afectados. Realizáronse numerosas reunións co sector pesqueiro implicado para tratar de incorporar na negociación as súas formulacións pola importancia económica do sector, pero sempre e cando fosen compatibles coa necesidade de adoptar medidas serias para a protección deste stock.
Descargas
Descargas
Número
Sección
Licencia
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
