A Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático no Centro de Referencia de Galicia, CEIDA

Autores

  • Verónica Campos Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-CEIDA (Galicia-España)
  • Araceli Serantes
  • Carlos Vales

DOI:

https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.856

Palavras-chave:

CEIDA, educación ambiental, cambio climático, centros de referencia, Galicia

Resumo

O cambio climático é o principal problema socioambiental que enfronta a nosa civilización, pola súa magnitude, velocidade e efectos, atopámonos cun dos principais retos como sociedade ao tratarse dun problema de orixe antrópico. A Educación Ambiental ten ante si o enorme desafío de contribuir na búsqueda de solucións, para o que é necesario facer unha revisión das prioridades de acción, dos programas que se executan e dos ámbitos de actuación en novos escenarios.

Nesta liña, o CEIDA, como centro galego de referencia, está a activar medidas educativas e divulgativas en varios planos: as que teñen que ver coa capacitación, encamiñadas ao coñecemento do cambio climático, as súas causas e as súas consecuencias, tanto a escala global, como a nivel local; as que teñen que ver coa sensibilización e concienciación, buscando dotar aos colectivos e aos individuos dos recursos necesarios para adoptar actitudes máis responsábeis centradas no aforro e eficiencia enerxética na nosa vida cotiá; e por último, as que teñen que ver coa acción, proporcionando espacios para a participación e o compromiso, individual e colectivo.

Downloads

Os dados de download ainda não estão disponíveis.

Edição

Secção

Recursos e instrumentos sociais

Como Citar

A Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático no Centro de Referencia de Galicia, CEIDA. (2015). AmbientalMENTEsustentable, 1(07), 159-175. https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.856