Sobre a revista
Enfoque e alcance
O Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña é unha publicación con vocación interdisciplinar que acolle traballos académicos de todas as ramas do Dereito.
Periodicidade
O Anuario ten unha periodicidade anual (correspondente aos meses de xaneiro a decembro), aínda que os traballos se van publicando na plataforma conforme van superando o proceso de avaliación por pares cegos.
Proceso de avaliación externa por pares cegos
O Comité Editorial someterá os traballos recibidos á avaliación de expertos externos e, á vista dos seus informes, decidirá sobre a súa publicación. O sistema de arbitraxe será externo e o tipo de revisión será dobre cego.
As decisións comunicaránselles aos autores a través da plataforma do Anuario. No caso de que a publicación fose rexeitada, deberán indicarse os motivos alegados polos avaliadores.
As datas de envío e de aceptación de cada un dos traballos aparecerán nun lugar visible da publicación.
Se os traballos aceptados para a súa publicación non cumpren as condicións de edición expostas no apartado 2, devolveranse aos seus autores, concedéndolles un prazo non inferior a cinco días para realizar as modificacións formais correspondentes. Se un autor non devolve en prazo o traballo debidamente corrixido, entenderase que renuncia a publicalo no Anuario.
O feito de publicar no Anuario non impide que o autor proceda a publicacións posteriores noutros medios, sempre que se faga constar a súa aparición previa nesta revista.
O Anuario non se identifica necesariamente co contido das opinións expresadas polos autores nos traballos publicados, sendo estes os únicos responsables, para todos os efectos, do contido referido.
Código ético
Esta publicación adhírese ao Código de conduta e aos principios de boas prácticas establecidos polo Committee on Publication Ethics no seu Code of Conduct and Best Practice Guidelines for Journal Editors.
Sistemas de detección de plaxio
As achegas remitidas ao Anuario serán analizadas mediante un software específico de detección de plaxio. Non se aceptarán traballos que presenten un resultado igual ou superior ao 50 % de contido non orixinal, salvo que a natureza do traballo así o xustifique.
Política de acceso aberto
Esta revista proporciona acceso aberto ao seu contido, baseado no principio de que ofrecer ao público un acceso libre ás investigacións contribúe a un maior intercambio global do coñecemento.
Indexada en
- Latindex 2.0
- Dialnet Plus
- Dulcinea
- ULRICHS
- DICE
- Carhus+2018
- MIAR
- CIRC 2023
Protocolos de interoperabilidade
O AFDUDC incorpora protocolos de interoperabilidade que permiten que os seus contidos sexan recompilados por outros sistemas de distribución, como repositorios dixitais e colleitadores (harvesters). As revistas publicadas mediante OJS (Open Journal Systems 3.1.2.4) incorporan o protocolo de interoperabilidade OAI-PMH (Open Archive Initiative – Protocol for Metadata Harvesting), que permite obter diferentes formatos para os metadatos.
Servizos de interactividade co lector
O AFDUDC permite o envío de alertas de publicación, foros de contido e comentarios.
Estatísticas
O AFDUDC proporciona na súa páxina web unha lista dos artigos máis vistos e máis descargados, indicando o número de descargas ou visitas.
Políticas de preservación dixital
O equipo da revista garda en disco duro externo dúas copias de cada número. O SPU garda cada ano unha copia de todos os números da revista en discos duros externos.
Entidade editora da revista
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña
anuario.dereito@udc.es
Historial da revista
O Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña é unha publicación anual que, desde o ano 1997, ofrece a Universidade da Coruña a todas aquelas persoas que desenvolven o seu labor no ámbito xurídico. A revista naceu cunha clara vocación interdisciplinar, coa intención de recoller achegas nacionais e internacionais de investigadores das áreas de coñecemento xurídico-social. Así se reflicte nos sumarios de cada un dos números publicados ata a data, que contan cunha ampla sección de artigos doutrinais de temática variada. Os volumes 1–16, correspondentes ao período 1997–2012, están accesibles na URL: http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/1886
