Avisos

 

 

Petición de contributos_RGF 25 (2024)

2024-02-16

Revista Galega de Filoloxía informa de que xa está aberto o período de remisión de traballos para o próximo número 25, correspondente ao ano 2024.

A RGF admite traballos (artigos, notas e recensións) centrados en calquera asunto relativo aos estudos lingüísticos, literarios e culturais, especialmente no ámbito galego-portugués.

As linguas de publicación son o galego, o portugués e o inglés. O Consello de Redacción estudará a publicación de propostas noutras linguas.

A data límite para o envío de orixinais é o día 1 de xuño de 2024.

Petición de contributos_RGF 24 (2023)

2023-03-14

A Revista Galega de Filoloxía informa de que xa está aberto o período de remisión de traballos para o próximo número 24, correspondente ao ano 2023.

Para alén de contidos lingüísticos, a revista abre a súa temática a contributos (artigos, notas e recensións) centrados en calquera asunto relativo aos estudos literarios e culturais, especialmente no ámbito galego-portugués.

As linguas de publicación son o galego, o portugués e o inglés. O Consello de Redacción estudará a publicación das propostas noutras linguas.

A data limite para o envío de orixinais remata no día 1 de xuño de 2023.