Petición de contributos_RGF 27 (2026)
2026-02-01
A Revista Galega de Filoloxía informa de que xa está aberto o período de remisión de traballos para o próximo número 27, correspondente ao ano de 2026.
A Revista Galega de Filoloxía conságrase á publicación de traballos de investigación que desenvolveren algún aspecto lingüístico ou literario do ámbito galego-portugués, como tamén á promoción e ao coñecemento da lingua no seo da sociedade. Do mesmo xeito, serán obxecto de consideración para seren publicadas as recensións de obras que trataren algún tema relacionado coa lingüística e a literatura, quer xerais, quer elaborados no mundo lusófono.
Indexada en: CARHUS Plus +2025 | CIRC | Dialnet | DICE | DOAJ | ERIHPlus | ISOC | Latindex | Linguistic Bibliography | MIAR | REDIB | REGESTA IMPERII | Scopus | ZBD
2026-02-01
A Revista Galega de Filoloxía informa de que xa está aberto o período de remisión de traballos para o próximo número 27, correspondente ao ano de 2026.