A linguaxe das emocións nas narrativas humanitarias durante a segunda guerra carlista (1872-1876)
DOI:
https://doi.org/10.17979/rlex.2019.25.0.5990Palabras clave:
narrativas humanitarias, coidados de enfermería, xénero, emocións, compaixón, Concepción Arenal, Nicasio Landa, segunda guerra carlistaResumo
A última guerra carlista (1872-1876) constituíu o bautismo de fogo da Cruz Roja Española (CRE) —fundada en 1864, mesmo ano da adhesión de España á Convención de Xinebra— así como o máis temperán gran conflito civil ao que movemento internacional da Cruz Vermella houbo de enfrontarse. Malia a imposibilidade legal entón de que o Comité de Xinebra puidese intervir en guerras civís, ambos bandos acordaron respectar os principios da Convención, e a CRE —como outras organizacións humanitarias, e de modo destacado La Caridad, que crearon os insurxentes— volcouse en actividades de socorro aos combatentes feridos e enfermos.
Neste artigo explóranse as narrativas humanitarias de dous destacados líderes da CRE durante a guerra carlista: o oficial médico e inspector xeral da CRE Nicasio Landa e a xurista, reformadora social e secretaria do seu comité central de Señoras, Concepción Arenal. Analízanse estas narrativas en diversas fontes primarias (cartas, informes, relatos literarios, artigos), destacándose as similitudes e diferencias mutuas con respecto a catros aspectos: (i) os seus públicos, propósitos e estratexias; (ii) as súas apreciacións acerca de quenes merecían a axuda humanitaria; (iii) as súas preocupacións polo benestar físico e emocional dos combatentes enfermos e feridos atendidos en distintos escenarios e transportados mediante diferentes procedementos; e (iv) a identidade dos actores humanitarios. Todo iso co obxecto de examinar o papel xogado por estas narrativas humanitarias no modelado da compaixón da cidadanía cara as vítimas nas guerras civís e o conseguinte afianzamento da CRE.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
Citas
Arenal, Concepción (1874): «La caridad en la guerra y la justicia en la caridad», La Voz de la Caridad, 100, 01/05/1874, p. 54.
Arenal, Concepción (1900): Artículos sobre beneficencia y prisiones, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, tomo II, pp. 461-469 (1ª carta), 478-487 (2ª carta), 494-501 (4ª carta), 512-518 (5ª carta), 519-528 (6ª carta), 541-548 (7ª carta).
Arenal, Concepción (1913): Cuadros de la guerra carlista [1880], Madrid, Librería de Victoriano Suárez.
Arrizabalaga, Jon y J. Carlos García Reyes (2016): «Innovación tecnológica y humanitarismo en el traslado de heridos de guerra: el informe de Nicasio Landa sobre un nuevo sistema de suspensión elástica de camillas (Pamplona, 29 mayo 1875)», História, Ciências, Saúde-Manguinhos, 23, 3, pp. 887-897 [Fecha de consulta 15/10/2019: http://periodicos.fiocruz.br/pt-br/publicacao/1067210].
Crossland, James (2018): War, Law and Humanity: The Campaign to Control Warfare, 1853-1914, Londres, Bloomsbury.
Hutchinson, John F. (1996): Champions of charity. War and the rise of the Red Cross, Oxford, Westview Press.
Landa, Nicasio (1870): [cartas desde Ginebra (26 agosto), Basilea (28 agosto) y Karlsruhe (31 agosto)], La Caridad en la Guerra, 1/7, pp. 1-2; 1/8, pp. 1-2; 1/9, pp. 1-2.
Landa, Nicasio (2016): «Muertos y heridos» y otros textos, edición, estudio y notas a cargo de Guillermo Sánchez y Jon Arrizabalaga, Pamplona, Pamiela, pp. 135-255.
Sánchez-Martínez, Guillermo (2014): «Enemies by accident, neutral on the rebound: diversity and contingency at the birth of war humanitarianism, 1862-1864», Asclepio, 66, 1 [Fecha de consulta 15/10/2019: http://asclepio.revistas.csic.es/index.php/asclepio/article/view/580/672].
Descargas
Publicada
Número
Sección
Licenza
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
