Rotur ten como obxectivo difundir estudos de carácter científico relacionados coas áreas temáticas do ocio e do turismo. A súa principal finalidade é impulsar desde unha perspectiva claramente multidisciplinar a investigación e o debate en torno á actividade turística. É unha publicación electrónica de ámbito internacional e acceso aberto.
Ata 2014 publicouse un monográfico anual, que pasou a ser semestral (febreiro e xullo) en 2015. Acolle artigos científicos (entre oito e doce por número) resultado de rigurosos traballos de investigación no ámbito do ocio e o turismo, tanto teóricos como empíricos, que supoñan aportacións orixinais e innovadoras.