A historia dos museos pedagóxicos nos primeiros anos do século XX: unha aproximación ao traballo de Benjamin R. Andrews
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2025.29.1.13318Palabras clave:
Benjamin R. Andrews, historia da educación, Manuel B. Cossío, museos pedagóxicos, Universidade de ColumbiaResumo
Benjamin R. Andrews foi profesor de economía doméstica durante moitos anos no Teachers College da Universidade de Columbia. Porén, comezou como un estudante de doutoramento, encargado de montar o seu Museo Pedagóxico, coas coleccións e obxectos que a institución logrou reunir de exposicións organizadas en anos anteriores. Andrews escribiu entón a súa tese de doutoramento sobre os museos pedagóxicos. Foi a primeira vez que se facía nos Estados Unidos un traballo comparativo entre estas institucións, tanto no contexto propio como mundial. Analízase así a figura de Andrews, o medio académico no que escribiu o seu traballo e se fai unha escolma de textos do libro publicado