Gregorio Sanz, o mestre elocuente
Contido principal do artigo
Vol. 22 (2018), Miscelánea, Páxinas 207-234
Recibido: xul. 6, 2019
Publicado: xul. 6, 2019
Resumo
Gregorio Sanz García (1900-1997) exerceu como mestre na escola da Fundación Pedro Murias (Vilaframil-Ribadeo), a escola pública de San Pedro de Benquerencia (Barreiros) e a escola preparatoria do Instituto de Ribadeo. O seu compromiso co proxecto transformador da Segunda República e a súa ideoloxía de esquerdas determinou que fose separado do ensino no curso do proceso de depuración a que foi sometido o maxisterio (1937) e condenado a vinte anos de cárcere por un consello de guerra (1938). Na súa traxectoria ocupa un lugar central a defensa da escola pública, que el prefería denominar «escola nacional».
Palabras clave:
Gregorio Sanz García, Segunda República, Franquismo, depuración do maxisterio, consellos de guerra, Ribadeo
Descargas
Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.