Contido principal do artigo

María Eugenia Bolaño Amigo
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0002-2436-7144
Vol. 27 (2023), Libros, Páxinas 390-395
DOI: https://doi.org/10.17979/srgphe.2023.27.0.10148
Recibido: dec. 8, 2023 Publicado: dec. 8, 2023
##submission.howToCite##

Resumo

A obra A música represaliada. Unha foliada de memoria, coordinado baixo a batuta do investigador, mestre e músico arousán José Luis do Pico Orjais, e promovido pola Área de Memoria Histórica do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, compila vinte e catro artigos que rescatan do esquecemento diferentes entidades e persoas relacionadas coa música que padeceron a represión franquista. Esta “partitura da memoria” ven acompañada de pezas musicais ás que se pode acceder a través do código QR incorporado na publicación. O libro procura recuperar a memoria de biografías que reflicten crimes do franquismo e poñer en valor o legado que estas persoas deixaron no exercicio do seu oficio, “porque cada composición recuperada é unha luz acendida na escuridade franquista” (Do Pico Orjais, 2023, p. 14).


 

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo