Call of Papers BAC 15

03/02/2025

BAC Boletín Académico Revista de Investigación e Arquitectura Contemporánea é a revista científica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Edítase en formato Open Journal System (OJS), con periodicidade anual, e segue o procedemento de revisión por pares de dobre cego. `

Cada número acolle artigos de investigación, entrevistas, críticas de arquitectura e recensións de publicacións, sen unha temática específica, sempre que sexan achegas orixinais e inéditas e teñan relación coa arquitectura.

Os envíos deben axustarse ás normas que figuran na páxina web da revista: https://revistas.udc.es/index.php/BAC/about/submissions

A data límite para a recepción de orixinais do número 15 é o 31 de maio de 2025. Os textos poden achegarse en español, galego e inglés para a súa valoración. No caso de aceptarse a publicación, deberá achegarse tamén a tradución para que cada texto se publique en español e inglés ou en galego e inglés.