Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe é unha publicación do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña (España). É unha revista que se publica con continuidade desde o ano 1980. Nas súas orixes, estaba dedicada á xeoloxía de Galicia e do Hercínico. Actualmente, inclúe moitos outros temas relacionados coas Ciencias da Terra: xeomorfoloxía, xeoquímica, petroloxía, hidroloxía, paleontoloxía, xeoarqueoloxía, patrimonio xeolóxico, xeoturismo, etc. Acepta traballos orixinais de investigación, revisión ou síntese en castelán, galego, portugués ou inglés, que serán sometidos a revisión por pares.

COMITÉ CIENTÍFICO

Carlos Alves (Universidade do Minho, Portugal); Ricardo Arenas (Universidade Complutense de Madrid, España); Ana Bettencourt (Universidade do Minho, Portugal); Helder I. Chaminé (Politécnico do Porto, Portugal); Fernando Serrulla Rech (Instituto de Medicina Legal de Galicia, España); C. R. Twidale (University of Adelaide, Australia); Elena de Uña Álvarez (Universidade de Vigo, España); Marcos Vaqueiro Rodríguez (Instituto Universitario de Xeoloxía, Universidade da Coruña, España); J. R. Vidal Romaní (Universidade da Coruña)

INFORMACIÓN XERAL

A revista é de acceso aberto mediante a plataforma OJS (Open Journal System) e está indexada nos repositorios científicos SCOPUS, GeoBase, GeoRef, ÍnDICEs CSIC, Latindex, Dialnet.

Periodicidade

Anual, con números extraordinarios dedicados a temas monográficos intercalados.

Subscrición

O prezo é variable para cada volume en función do número de traballos incluídos en cada un deles. Para subscricións dirixirse á Secretaría do Instituto Universitario de Xeoloxía, Edificio Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña s/n 15071 Coruña, España. Teléfono (+34) 981 167000, extensión 2910. Correo electrónico: xeoloxia@udc.es

Título abreviado: Cad Lab Xeol Laxe

ISSN: 0213-4497
eISSN: 2173-6936
DOI: https://doi.org/10.17979/cadlaxe