Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe é unha publicación do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña (España). É unha revista que se publica con continuidade desde o ano 1980. Nas súas orixes, estaba dedicada á xeoloxía de Galicia e do Hercínico. Actualmente, inclúe moitos outros temas relacionados coas Ciencias da Terra: xeomorfoloxía, xeoquímica, petroloxía, hidroloxía, paleontoloxía, xeoarqueoloxía, patrimonio xeolóxico, xeoturismo, etc. Acepta traballos orixinais de investigación, revisión ou síntese en castelán, galego, portugués ou inglés, que se someten a revisión por pares.
ISSN: 2173-6936 (electrónico), 0213-4497 (impreso) || https://doi.org/10.17979/cadlaxe
Último número
Vol. 45 (2023)
Cover photo: Aerial view of the Roman camp of A Ciadella (Galicia). Image courtesy of Dr. Adolfo Fernández (U. de Vigo).
Publicada: 2023-12-22