Officinas eficientes
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.857Palabras clave:
Aforro, eficiencia enerxética, oficinas eficientes, organizacións non-gobernamentais (ONG), pequenas e medianas empresas (pemes)Resumo
Seguindo a liña encetada en 2007 para lograrmos ámbitos de traballo máis sustentables e con menor pegada de carbono, WWF España presentou a finais de 2008 a campaña OFFicinas Eficientes, a través da cal pretende pór ao alcance de todo tipo de entidades, en particular as pemes e organizacións do terceiro sector, ferramentas e orientacións prácticas que lles permitan reducir as súas emisións de dióxido de carbono e mellorar a xestión enerxética das súas oficinas e centros de traballo. Como parte do proxecto, WWF elaborou a Guía de aforro e eficiencia enerxética en oficinas, con que as empresas e as organizacións poderán coñecer cales son os requisitos básicos necesarios para iniciaren un plan de aforro e eficiencia enerxética nos seus centros de traballo, e que accións son as que poden pór en marcha para reduciren os seus consumos enerxéticos e emisións de CO2. A guía compleméntase cun sinxelo programa que facilita o inventariado e seguimento do consumo de enerxía dos equipos e instalacións enerxéticas presentes no edificio, xunto con outros materiais de sensibilización enfocados a promoveren boas prácticas e hábitos de consumo responsables entre os traballadores, entre os cales se atopa o portal web www.officinaseficientes.es.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
Descargas
Número
Sección
Licenza
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
