Officinas eficientes

Autores

  • Evangelina Nucete Álvarez Técnica de eficiencia energética de WWW-España (España)

DOI:

https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.857

Palavras-chave:

Aforro, eficiencia enerxética, oficinas eficientes, organizacións non-gobernamentais (ONG), pequenas e medianas empresas (pemes)

Resumo

Seguindo a liña encetada en 2007 para lograrmos ámbitos de traballo máis sustentables e con menor pegada de carbono, WWF España presentou a finais de 2008 a campaña OFFicinas Eficientes, a través da cal pretende pór ao alcance de todo tipo de entidades, en particular as pemes e organizacións do terceiro sector, ferramentas e orientacións prácticas que lles permitan reducir as súas emisións de dióxido de carbono e mellorar a xestión enerxética das súas oficinas e centros de traballo. Como parte do proxecto, WWF elaborou a Guía de aforro e eficiencia enerxética en oficinas, con que as empresas e as organizacións poderán coñecer cales son os requisitos básicos necesarios para iniciaren un plan de aforro e eficiencia enerxética nos seus centros de traballo, e que accións son as que poden pór en marcha para reduciren os seus consumos enerxéticos e emisións de CO2. A guía compleméntase cun sinxelo programa que facilita o inventariado e seguimento do consumo de enerxía dos equipos e instalacións enerxéticas presentes no edificio, xunto con outros materiais de sensibilización enfocados a promoveren boas prácticas e hábitos de consumo responsables entre os traballadores, entre os cales se atopa o portal web www.officinaseficientes.es.

Downloads

Os dados de download ainda não estão disponíveis.

Edição

Secção

Banco de boas práticas

Como Citar

Officinas eficientes. (2015). AmbientalMENTEsustentable, 1(07), 177-190. https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.857