Os retos da xestión do coñecemento en enerxía para os municipios de Cuba

Autores/as

  • Alois Arencibia Aruca Centro de Gestión de Información y Desarrollo de la Energía, CUBA- ENERGÍA (Cuba)

DOI:

https://doi.org/10.17979/ams.2009.02.08.842

Palabras clave:

desenvolvemento local sustentable, problema enerxético, xestión do coñecemento, capital intelectual, rede colaborativa, capacidades instaladas, diagnóstico enerxético municipal, modelo de xestión enerxética municipal

Resumo

Co fin de abordar a problemática enerxética no ámbito do desenvolvemento dos municipios cubanos, a Redenerg (Rede Nacional de Xestión do Coñecemento en Enerxía) desenvolveu unha ferramenta de xestión do coñecemento denominada NOME (nodos municipais de enerxía) que permite organizar o capital intelectual do municipio na temática enerxética, co obxectivo de apoiar os gobernos municipais na xestión dos problemas enerxéticos vinculados ao desenvolvemento local municipal. A experiencia da creación de NOME en catro municipios da rexión central do país (Jatibonico, Placetas, Fomento e Aguada de Pasajeros) permitiu identificar os problemas que dificultan a xestión enerxética local desde a perspectiva da xestión do coñecemento. O traballo expón a árbore dos problemas identificados nos municipios, a estratexia de traballo para abordar esta problemática, os resultados alcanzados e as súas perspectivas no ámbito da xeneralización.

##plugins.themes.default.displayStats.downloads##

##plugins.themes.default.displayStats.noStats##

Descargas

Número

Sección

Recursos e instrumentos sociais

Cómo citar

Os retos da xestión do coñecemento en enerxía para os municipios de Cuba. (2015). AmbientalMENTEsustentable, 2(08), 143-171. https://doi.org/10.17979/ams.2009.02.08.842