Os retos da xestión do coñecemento en enerxía para os municipios de Cuba
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2009.02.08.842Palavras-chave:
desenvolvemento local sustentable, problema enerxético, xestión do coñecemento, capital intelectual, rede colaborativa, capacidades instaladas, diagnóstico enerxético municipal, modelo de xestión enerxética municipalResumo
Co fin de abordar a problemática enerxética no ámbito do desenvolvemento dos municipios cubanos, a Redenerg (Rede Nacional de Xestión do Coñecemento en Enerxía) desenvolveu unha ferramenta de xestión do coñecemento denominada NOME (nodos municipais de enerxía) que permite organizar o capital intelectual do municipio na temática enerxética, co obxectivo de apoiar os gobernos municipais na xestión dos problemas enerxéticos vinculados ao desenvolvemento local municipal. A experiencia da creación de NOME en catro municipios da rexión central do país (Jatibonico, Placetas, Fomento e Aguada de Pasajeros) permitiu identificar os problemas que dificultan a xestión enerxética local desde a perspectiva da xestión do coñecemento. O traballo expón a árbore dos problemas identificados nos municipios, a estratexia de traballo para abordar esta problemática, os resultados alcanzados e as súas perspectivas no ámbito da xeneralización.
Downloads
Downloads
Edição
Secção
Licença
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
