Nenos con NEE, ensino das ciencias experimentais e educación ambiental: unha perspectiva integradora

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.17979/ams.2017.23-24.1.3381

Palabras clave:

ensino experiencial das ciencias, educación ambiental, necesidades educativas especiais

Resumo

O presente artigo ten como finalidade dar a coñecer algunhas actividades desenvolvidas con alumnos con Necesidades Educativas Especiais (NEE), pertencentes a unha clase de 1.º ano de escolarización, recorrendo á #metodoloxía enformada polo Ensino Experimental das Ciencias e a temáticas ambientais pertinentes, como, por exemplo, a utilización da auga mentres recurso cada vez máis escaso, dominio en que a Educación Ambiental se revela preponderante.  Preténdese que os alumnos con NEE sexan cidadáns o máis autónomos e interventivos posíbel, nunha sociedade cada vez máis complexa e consumista, onde as escollas de todos en xeral, e de cada un en particular, poderán facer a diferenza en termos de utilización racional e sustentábel de recursos escasos e ameazados pola má xestión do ser humano. Unha escola inclusiva ten a función, mentres institución, de crear condicións para que todos os alumnos aprendan xuntos, independentemente das dificultades e das diferenzas, tal como preconizado pola Declaración de Salamanca. Sendo a temática da auga un contido curricular de abordaxe obrigatoria para todos os alumnos, foi elaborado un conxunto de actividades prácticas e experimentais coa intención dos axudar a tomar consciencia da importancia da correcta xestión da auga e do envolvemento de todos para alcanzar tal propósito. Tras a participación dos alumnos nestas actividades, verificouse que conseguiron facer conexións con outras realidades relacionadas coa temática, extrapolando para situacións do cotián.

##plugins.themes.default.displayStats.downloads##

##plugins.themes.default.displayStats.noStats##

Citas

Fialho, I. (2010). Ensino Experimental. Exploração das actividades experimentais propostas no manual do aluno. Apresentação e exploração de outras actividades experimentais de apoio à prática lectiva do Professor. Porto: Areal Editores.

Gonçalves, F.; Pereira, R.; Azeiteiro, U. M. M.; Pereira, M. J. V. (2007). Atividades Práticas em Ciências e Educação Ambiental. Lisboa: Instituto Piaget.

Instituto Nacional do Ambiente. (1989). Apontamentos de Introdução à Educação Ambiental. Instituto Nacional do Ambiente. Lisboa.

Ministério da Educação. (2004). Organização Curricular e programas- Ensino Básico -1º ciclo. Acedido em 3/06/2017 em: http://metasdeaprendizagem.dge.mec.pt/metasdeaprendizagem.dge.mec.

OCDE. (1991). A Ecologia e a Escola. Porto: Edições Asa.

UNESCO. (1994). Declaração de Salamanca e enquadramento da acção na área das necessidades educativas especiais. Lisboa: Unesco (tradução portuguesa).

Publicada

2018-03-30

Número

Sección

Educación ambiental, nas escolas e nas universidades

Cómo citar

Nenos con NEE, ensino das ciencias experimentais e educación ambiental: unha perspectiva integradora. (2018). AmbientalMENTEsustentable, 23(1), 249-256. https://doi.org/10.17979/ams.2017.23-24.1.3381