Sobre a revista
Temática e alcance
ambientalMENTE sustentable, revista editada pola Universidade da Coruña, CEIDA e Universidade Federal do Mato Grosso ten como finalidade difundir ensaios, estudos, investigacións e experiencias innovadoras enmarcadas no campo da Educación Ambiental.
ambientalMENTE sustentable é unha revista de carácter científico arbitrado por pares que publica traballos orixinais que contribúan ao avance da disciplina.
ambientalMENTE sustentable nace no ano 2006 coa ambición de defender os idiomas galego e portugués como vehículo para a divulgación do saber científico.
ambientalMENTE sustentable mantén unha política de apoio e intercambio con outras revistas científicas.
ambientalMENTE sustentable non comparte necesariamente as opinións e xuizos dos traballos publicados
Proceso de revisión por pares
ambientalMENTE sustentable avalía todos os orixinais recibidos a partir do procedemento de avaliación por pares.
Previamente é o equipo editorial quen determina a pertinencia formal de cada artigo.
O artigo é revisado de forma anónima por 2 ou 3 revisores externos especialistas na temática atendendo a uns criterios de valoración públicos.
• Criterios para a valoración formal
• Criterios de avaliación para revisores externos
Principios de Ética
Responsabilidade do Comité Editorial
Os procesos de revisión por pares é definido e divulgado polo Comité Editorial co fin de que as persoas autoras coñezan cales son os criterios de avaliación. O Comité Editorial estará sempre disposto a xustificar calquera controversia no proceso de avaliación.
Responsabilidades dos Editores
Responsabilízase por todo o publicado na revista.
Deberá esforzarse por mellorar a revista, por asegurar a calidade do material que publica e por impulsar os estándares académicos e científicos.
Está disposto a publicar correccións, aclaracións, retractacións e disculpas cuando sexa necesario.
A decisión do editor de aceptar ou rexeitar un traballo para a súa publicación baséase únicamente na importancia, orixinalidade, claridade e pertinencia do traballo para a revista.
Garantizarase a confidencialidade do proceso de avaliación.
Responsabilidades das persoas autoras
Deben garantir que seus manuscritos son orixinais e que os datos foron obtidos de maneira ética.
Seus traballos non foron previamente publicados ou estean a ser considerados noutra publicación.
Recoñecen as fontes axeitadamente e citan as publicacións influíntes no traballo presentado.
Ainformación obnida de forma privada, como conversas, correspondencias ou discusións con terceiros, é usada con permiso escrito das fontes.
• Cando un autor descubre un erro ou inexactitude está obrigado a notificalo de inmediato ao Editor da revista.
Responsabilidades dos revisores
Comprométense a notificar calquera conducta non ética por parte dos autores.
Comprométense a manter de manera confidencial a información relacionada cos artigos que avalían.
Para avaliar os traballos contan coas directrices proporcionadas pola liña editorial.
Debe de notificar no menor tempo posible ao editor si está cualificado para revisar l investigación dun manuscrito.
Os manuscritos recibidos para a súa revisión deben ser tratado como documentos confidenciais.
Deben expresar os seus puntos de vista con claridade e con argumentos válidos.
Toda información e ideas obtidas a través da revisión por pares debe ser confidencial e non se utilizará para obter ventaxess personais.
Non deben avaliar manuscritos nos que teñen conflictos de intereses.
Sponsors
CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
Grupo Pesquisador em Educação Ambiental, Comunicação e Arte- Universidade do Mato Grosso