Participación ambiental a partir de afeccións: o caso do CEA Polvoranca

Autores

  • Pepe Astasio Centro de Educación Ambiental Polvoranca (España)
  • Pablo Llobera Centro de Educación Ambiental Polvoranca (España)

DOI:

https://doi.org/10.17979/ams.2008.02.06.771

Palavras-chave:

Participación, procesos, parque periurbano, xestión dun Parque

Resumo

Este artigo pretende mostrar e sistematizar os distintos procesos de participación ambiental iniciados desde o Centro de Educación Ambiental Polvoranca (Leganés, Madrid), procesos abertos coa poboación local, visitantes asiduos do parque periurbano onde se atopa este equipamento ambiental. Entendemos que, aínda que “cada proceso participativo é único, singular e irrepetible”, a súa divulgación –indagando na orixe, tendencias, pistas e interioridade– pode servir para achandar o camiño a outras iniciativas similares. Esa é a nosa intención ao escribirmos estas liñas, así que bo pro veito!

Aínda que o programa do Centro ademais contempla a intervención para influír na xestión do Parque e, alén diso, está implicado noutros procesos sobre todo vinculados ao pobo de Leganés, non se desenvolverán en profundidade.

Downloads

Os dados de download ainda não estão disponíveis.

Edição

Secção

Banco de boas práticas

Como Citar

Participación ambiental a partir de afeccións: o caso do CEA Polvoranca. (2013). AmbientalMENTEsustentable, 2(06), 159-169. https://doi.org/10.17979/ams.2008.02.06.771