A educación das mulleres no século XIX Exclusión, dependencia e autonomía
Contido principal do artigo
Resumo
As mulleres quedaron excluídas inicialmente do sistema de instrución pública ideado polo liberalismo español. A exclusión inicial dará paso a unha inclusión parcial, orientada a formar as nenas para o desempeño das funcións de esposa e de nai. Os debates que se produciron en 1859 no Ateneo da Coruña e en 1892 no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano poñen de manifesto a hexemonía dun modelo educativo que pretendía consolidar o status de dependencia do sexo feminino. Pero nun e noutro escenario tamén se ouviron voces, como as de Antonio García Fuertes, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, que reclamaban con máis ou menos radicalidade unha educación para a autonomía. A figura de Rosalía de Castro, pola súa parte, constitúe un bo exemplo dos atrancos aos que se tiveron que enfrontar as mulleres que decidían converterse en escritoras.