Mulleres na memoria e na historia da educación
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2024.28.1.11669Palabras clave:
historia, educación, mulleres, investigación, docencia, memoria biográficaResumo
Neste artigo fago un percorrido polo itinerario de formación, académico e investigador que realicei ao longo de moitas décadas da miña vida, e do que aínda non quixen deslindarme e que estivo centrado nun ámbito de coñecemento específico: a educación das mulleres e a súa historia. Xunto a outras profesoras dedicadas a esta mesma temática, foi posible constatar o silencio que sobre as mulleres materializouse na educación que experimentamos na nosa época de estudantes. Hoxe, afortunadamente, as publicacións son abundantes e os proxectos de investigación habituais sobre mestras e universitarias, sobre escolas e colexios, sobre profesoras, inspectoras, autoras etc. E a docencia conta con resultados dispoñibles para ser transmitidos nas disciplinas históricas. Non faltan docentes que así o fan, porque desexan contar unha historia máis xeral, non só masculina, e porque saben que coñecer o pasado axuda a entender mellor o presente.##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
##plugins.themes.default.displayStats.noStats##
Descargas
Publicada
2025-03-17
Número
Sección
Monografía
Cómo citar
Mulleres na memoria e na historia da educación. (2025). Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, 28(1), 24-40. https://doi.org/10.17979/srgphe.2024.28.1.11669