Xogar coa pólvora
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2025.29.1.13319Palabras clave:
ilustración, mulleres, educación, cuidadoras, autonomía, dependenciaResumo
Arredor de tres mulleres ilustres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; tres homes ilustres: Feijoo, Sarmiento e Vicente do Seixo; dous eventos: os debates que sobre a educación feminina tiveron lugar no Ateneo da Coruña no 1859 e no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano celebrado en Madrid en 1892, e dous procesos históricos: o acceso das mulleres á escola e ao profesorado; o autor vai configurando o marco discursivo sobre da tese central da obra: "A necesidade de educar ás mulleres xustificouse historicamente atendendo á súa función de nais educadoras". Na elaboración dos sete capítulos que compoñen o libro, o profesor De Gabriel manexa con fluidez, rigor, pertinencia e, mesmo afecto, as numerosas e diversas fontes utilizadas. Cada capítulo é un antídoto fronte ós contidos fragmentados, descontextualizados, presentistas e superficiais que tanto abundan e, fronte ao descrédito do coñecemento, faise evidente a súa ambición intelectual na procura da verdade.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##