Igrexa comprometida e educación sociocomunitaria en Galicia 1965-1985
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2025.29.1.13332Palabras clave:
Igrexa católica e Educación social, educación popular, comunidades cristiás de base, animación sociocultural, intervención socio-comunitariaResumo
Desde mediados da década dos sesenta do século XX, e como consecuencia do impulso provocado polo Concilio Vaticano II, producíronse en Galicia, ao longo duns vinte anos, múltiples iniciativas no ámbito da educación social e comunitaria promovidas polos sectores máis dinámicos e comprometidos da Igrexa católica. Foron iniciativas que se levaron a cabo, principalmente, desde un modelo de organización denominado «comunidades cristiás de base», entendendo por tal pequenos grupos de persoas que compartían a fe dentro da súa vida cotiá ‒normalmente en contextos deprimidos ou marxinais tanto da Galicia rural como da urbana emerxente no tempo do denominado desarrollismo‒ mediante relacións de apoio mutuo, vivindo o seu compromiso relixioso nas marxes da ortodoxia convencional.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##