Natureza, aprendizaxe experiencial e actividades cooperativas na educación primaria
Contido principal do artigo
Vol. 22 (2018), Monografía. Natureza e educación, Páxinas 99-116
Recibido: xul. 5, 2019
Publicado: xul. 5, 2019
Resumo
Neste estudo faise unha revisión de tres correntes actuais que poden transformar a forma de traballar nos centros de educación primaria. Correntes metodolóxicas que se afastan das convencionais, pero que en absoluto son de recente creación, senón que xa levan varias décadas sendo estudadas tal e como se plasma na literatura. Afondaremos, así, nas actividades na natureza, na aprendizaxe experiencial e no traballo cooperativo, desde unha perspectiva teórica. Do mesmo xeito, analizaremos o currículo da educación primaria co fin de ver se teñen cabida nos programas educativos actuais.
Palabras clave:
educación primaria, natureza, actividades ao aire libre, aprendizaxe experiencial, traballo cooperativo, metodoloxías
Descargas
Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.