Amputar, segar, limpar e purificar

A depuración do maxisterio durante o franquismo

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.17979/srgphe.2017.21.0.4422

Palabras clave:

depuración, franquismo, represión, maxisterio, memoria histórico-educativa

Resumo

A ditadura franquista, desexando deslexitimar as políticas educativas republicanas, converteu o maxisterio primario en obxectivo prioritario da súa acción represiva, para o que articulou unha tupida rede de mecanismos destinados a purgalo e esixir responsabilidades. A depuración, co seu duplo carácter punitivo e preventivo, tivo o seu inicio de xeito inmediato ao golpe militar e durou ata a finalización da ditadura. Na primeira parte do artigo trazaremos as liñas xerais dos fundamentos ideolóxicos e legais da depuración, e exporemos as súas fases e os mecanismos utilizados. Na segunda, tras unha revisión das publicacións máis recentes, tentaremos un balance do estado da cuestión, detallando as porcentaxes de persoas sancionadas das provincias analizadas e mais a incidencia das variables territoriais de xénero e de renovación pedagóxica, así como algúns datos sobre o alcance da represió física do maxisterio. Concluímos reafirmando o carácter político e a arbitrariedade  do proceso depurativo.

##plugins.themes.default.displayStats.downloads##

##plugins.themes.default.displayStats.noStats##

Descargas

Publicada

2018-10-10

Número

Sección

Monografía. Depuración do maxisterio

Cómo citar

Amputar, segar, limpar e purificar: A depuración do maxisterio durante o franquismo. (2018). Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, 21, 9-30. https://doi.org/10.17979/srgphe.2017.21.0.4422

Artigos similares

1-10 de 103

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.