El aprendizaje-servicio en perspetiva. John Dewey como referente histórico John Dewey como referente histórico
Contenido principal del artículo
Resumen
A metodoloxía do service-learning é relativamente nova como tal, xa que o seu nacemento data de principios do século XX, aínda que non recibiu o seu nome definitivo ata tempos relativamente recentes. O pioneiro para a maioría de autores é o coñecido filósofo e pedagogo John Dewey, a que nos referiremos nun apartado específico, dada a súa contribución á filosofía conformadora desta metodoloxía. Interesaranos examinar a medida en que a súa obra pedagóxica aparece reflectida no que na actualidade chaman, e chamamos, aprendizaxe-servizo.
O auténtico pulo desta metodoloxía prodúcese no último terzo do século XX, con especial relevancia nos Estados Unidos. A Europa non chegará ata os anos noventa da pasada centuria, e pode dicirse que a súa andaina en España apenas é perceptible ata a inauguración do novo século XXI.