Contido principal do artigo

Alexandre Sotelino Losada
Grupo de Investigación Esculca. Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
https://orcid.org/0000-0002-5167-9493
Vol. 18-19 (2015), Miscelânea, Páxinas 145-161
DOI: https://doi.org/10.17979/srgphe.2015.18-19.0.4048
Recibido: set. 14, 2018 Aceito: set. 14, 2018 Publicado: out. 11, 2015
Como Citar

Resumo

A metodoloxía do service-learning é relativamente nova como tal, xa que o seu nacemento data de principios do século XX, aínda que non recibiu o seu nome definitivo ata tempos relativamente recentes. O pioneiro para a maioría de autores é o coñecido filósofo e pedagogo John Dewey, a que nos referiremos nun apartado específico, dada a súa contribución á filosofía conformadora desta metodoloxía. Interesaranos examinar a medida en que a súa obra pedagóxica aparece reflectida no que na actualidade chaman, e chamamos, aprendizaxe-servizo.
O auténtico pulo desta metodoloxía prodúcese no último terzo do século XX, con especial relevancia nos Estados Unidos. A Europa non chegará ata os anos noventa da pasada centuria, e pode dicirse que a súa andaina en España apenas é perceptible ata a inauguración do novo século XXI.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Detalles do artigo