Oralidade e escrita na cultura popular Os calendarios impresos como mediación e transición cara a cultura escrita e urbana
Contido principal do artigo
Vol. 17 (2013), Miscelánea, Páxinas 99-111
Recibido: set. 14, 2018
Aceptado: set. 14, 2018
Publicado: out. 11, 2014
Resumo
O avance na consolidación do modelo económico capitalista esixía racionalizar a medida do tempo nos diferentes territorios europeos, tanto para o fomento da productividade económica, como para o ‘disciplinamento’ social. Así, o calendario, que fora unha mediación característica, pero tamén variable, da sociedade tradicional, foise convertendo durante a Modernidade tardía e a Contemporaneidade nunha publicación impresa crecentemente popular, paulatinamente normalizada como xénero impreso. Como obxecto de consumo cultural, o calendario ou almanaque incorporou novidades científicas nas súas páxinas publicitarias, conxuntamente cos contidos máis tradicionais e desenvolveu un rol formativo en contextos informais de educación.
Palabras clave:
calendario, tradición oral, impresos, modernidade, consumo cultural, educación informal
Descargas
Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.