María Victoria Moreno ou a deconstrución da masculinidade hexemónica desde as marxes
Unha aproximación a Leonardo e os fontaneiros e a Anagnórise
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5487Palabras clave:
estudos sobre masculinidade, María Victoria Moreno, personaxes masculinos, literatura xuvenil galegaResumo
A partir da década de 1970 do século pasado o discurso feminista fíxose explícito en certa literatura infantil e xuvenil como reacción aos estereotipos sexistas presentes nas obras para os/ as máis novos/as. Deste xeito agromaron protagonistas femininas ousadas e activas, á vez que medraban as historias protagonizadas por personaxes de nenas e mozas, que foron atentamente examinadas pola crítica. As personaxes masculinas tamén mudaron as súas características e algunhas delas foron construídas con trazos diferenciados da masculinidade hexemónica, ben para buscar a identificación co seu lectorado máis novo, ben para abrirlle novas identidades; porén, apenas foron analizadas cualitativamente. Neste estudo examinaremos os atributos principais de Antón Andrade e Nicolau Arís, os protagonistas das dúas primeiras obras de María Victoria Moreno dirixidas a público xuvenil á luz dos estudos sobre a masculinidade que naceron tamén á calor das ideas feministas.