Attilio Pontanari Maestrini: O precursor da educación física en Compostela no declinar do século XIX

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5486

Palabras clave:

Attilio Pontanari Maestrini, Emilia Rodríguez Fariña, educación física, ximnástica, Real Sociedade de Amigos do País de Santiago

Resumo

Attilio Pontanari Maestrini foi o precursor da educación física en Compostela; a súa orixe era italiana e alí formárase na escola florentina de ximnasia. En 1879 chegou á Coruña onde coñeceu a Emilia Rodríguez Fariña, coa que se estabeleceu na cidade e formou unha familia. Na Coruña comezou a exercer de profesor de ximnasia e ortopedista e en 1883 deu a coñecer ese labor en Compostela. Anos despois, un grupo de médicos da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago propuxo crear unha escola de ximnasia no seo desa entidade; para organizala e dirixila foi nomeado Attilio Pontanari. A escola foi inaugurada en 1889 e nese mesmo ano instalouse coa súa familia en Compostela, onde tamén puxo en marcha un ximnasio privado. A escola de ximnasia funcionou durante case cinco anos aplicando métodos ximnásticos baseados na forza e a esgrima. En 1893 Pontanari foi nomeado profesor de ximnasia do Instituto de Pontevedra, polo que acabou deixando a súa actividade en Compostela para se trasladar á mencionada cidade.

##plugins.themes.default.displayStats.downloads##

##plugins.themes.default.displayStats.noStats##

Descargas

Publicada

2019-07-05

Número

Sección

Miscelánea

Cómo citar

Attilio Pontanari Maestrini: O precursor da educación física en Compostela no declinar do século XIX. (2019). Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, 22, 171-188. https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5486

Artigos similares

1-10 de 308

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.