Vol. 8 Núm. 1 (2023)

Ecocrítica: Dos feminismo(s) aos ecofeminismo(s): Análises literarias e culturais

Este número monográfico sobre ecofeminismo(s) insírese no marco dos ensaios que promoveron a equiparación das mulleres e que apareceron desde a era moderna en varios países europeos, como acontece co do autor francés  François Poullain de la Barre en De la educación de las damas (1671) ou The Equality of the Sexes (1673) ou cos das británicas Mary Astell, A Serious Proposal to the Ladies (1694-97) e Mary Wollstonecraft, Vindicación dos dereitos da muller (1792), e con moitas outras pensadoras que desde o renacemento puxeron en valor a necesidade de que as mulleres foran consideradas en pe de igualdade tanto desde o punto de vista intelectual como dos seus dereitos civís como cidadás. As mulleres o os animais foron a miúdo equiparados e considerados como seres subsidiarios, coa finalidade de coidar, axudar ou ofrecer subministracións na sociedade patriarcal. A defensa dos animais xa fora posta en valor polas sufraxistas británicas, que -ademais de reivindicar o dereito ao voto- se mostraron claramente en contra da vivisección dos animais non-humanos como un comportamento carente de ética e de empatía.

 

DOI: https://doi.org/10.17979/arief.2023.8.1

Publicada: 2023-02-28

Táboa de contidos

Vieiros literarios do ecofeminismo en Galicia e Irlanda

  • Manuela Palacios González
Publicado: xan. 9, 2023
páxinas 214-247

Entrevista a Marilar Aleixandre

  • Mª Jesús Lorenzo Modia
Publicado: xan. 9, 2023
páxinas 248-258

A "nai cariñosa" Unha antropoloxía da economía política das emocións

  • Rosamaria Carneiro
  • Sonia Weidner Maluf
Publicado: xan. 9, 2023
páxinas 259-294