Oralidade e escrita na cultura popular
Os calendarios impresos como mediación e transición cara a cultura escrita e urbana
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2013.17.0.4091Palabras clave:
calendario, tradición oral, impresos, modernidade, consumo cultural, educación informalResumo
O avance na consolidación do modelo económico capitalista esixía racionalizar a medida do tempo nos diferentes territorios europeos, tanto para o fomento da productividade económica, como para o ‘disciplinamento’ social. Así, o calendario, que fora unha mediación característica, pero tamén variable, da sociedade tradicional, foise convertendo durante a Modernidade tardía e a Contemporaneidade nunha publicación impresa crecentemente popular, paulatinamente normalizada como xénero impreso. Como obxecto de consumo cultural, o calendario ou almanaque incorporou novidades científicas nas súas páxinas publicitarias, conxuntamente cos contidos máis tradicionais e desenvolveu un rol formativo en contextos informais de educación.