«Cada Casa do Neno que se abre, corresponde a unha enfermería que se fecha». Xerar, crear e educar no Portugal do Estado Novo

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5483

Palabras clave:

innovación educativa, casas do neno, Bissaya Barreto, Estado Novo, educación da infancia

Resumo

A análise céntrase no programa das Casas do Neno encadrado na obra social e educativa edificada pola acción, sucesiva, das Xuntas Xeral do Distrito de Coimbra, da Provincia da Riba Litoral e Distrital de Coimbra, lideradas por Fernando Bissaya Barreto, entre 1927 e 1974. Discútese o programa polo viés da innovación en educación en tanto introdución do novo e a reconfiguración das relacións co saber e o poder. Interpelamos un conxunto multivariado de fontes arquivísticas, e.g., procesos de admisión ás Casas do Neno, os libros de actas, plantas e alzados, fotografías e un conxunto de traballos elaborados por aprendices. Das fontes publicadas destácanse a prensa escrita e algunhas publicacións contemporáneas dos acontecementos. O corpus documental foi suxeito ao método crítico e á análise de contido e recorreuse á triangulación de fontes para unha lectura máis totalizante. Obtívose unha comprensión complexa da realidade educacional, captando dimensións de innovación educativa e dos seus límites.

##plugins.themes.default.displayStats.downloads##

##plugins.themes.default.displayStats.noStats##

Publicada

2019-07-05

Número

Sección

Miscelánea

Cómo citar

«Cada Casa do Neno que se abre, corresponde a unha enfermería que se fecha». Xerar, crear e educar no Portugal do Estado Novo. (2019). Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, 22, 133-152. https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5483

Artigos similares

1-10 de 261

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.